Sindicatos e patronal negociarán en paralelo a redución da xornada laboral
Sindicatos e patronal negociarán en paralelo a redución da xornada laboral
O Goberno convocará nas próximas semanas os representantes dos traballadores e dos empresarios para saber como avanzan as negociacións
Sindicatos e patronal negociarán a redución da xornada laboral de maneira bilateral. Será unha negociación só entre as dúas partes e que se levará a cabo de xeito paralelo á que manterán xa a tres bandas co Goberno.
Segundo anunciou o secretario de Estado de Traballo, Joaquín Pérez Rey, ao finalizar a mesa de diálogo social que aborda a redución da xornada laboral, sindicatos e patronal "pediron poder dialogar bipartitamente á vez que van negociando co Goberno".
"Que avancen en diálogo bipartito e o Goberno irá de maneira paralela", incidiu Pérez Rey, que subliñou que se buscan cambios profundos e "non cosméticos".
O obxectivo do Goberno é reducir a xornada laboral a 37 horas e media semanais fronte ás 40 actuais. Para a patronal, trátase dunha suba encuberta do salario mínimo. Os sindicatos confían en acadar un acordo tripartito, que inclúa tamén a patronal, pero insisten en que nesta lexislatura se ten que reducir a xornada laboral.
O Goberno convocará nas próximas semanas a sindicatos e patronal para saber como avanzan as negociacións co obxectivo de aplicar a redución da xornada en 2025.