Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira sentenza en Ourense por cobrar sobrecusto na compra dun coche

Primeira sentenza en Ourense por cobrar sobrecusto na compra dun coche

O Grupo Volkswagen deberá devolverlle 3.600 euros a un cliente que comprou en 2009

A sentenza proba que as marcas de coches acordaron non competir entre si A sentenza proba que as marcas de coches acordaron non competir entre si
G24.gal 22/09/2023 12:34

Primeiras sentenzas en Galicia sobre o chamado cártel dos coches. O Xulgado do Mercantil de Ourense condena o Grupo Volkswagen a pagarlle 3.600 euros a un ourensán polo sobrecusto que lle aplicaron ao comprar o seu coche en 2009.

A sentenza considera probado que, entre 2007 e 2013, practicamente todas as marcas de automóbiles, o 93 % delas, chegaron a un acordo para non competir entre elas e establecer estes sobrecustos. Unha práctica restritiva da competencia que lles dá dereito agora a todos os afectados que compraran coche neses seis anos a recuperar o 10 % do prezo que pagaron. As indemnizacións poden reclamarse ata 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade