Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira vaga de calor do verán, que afecta a boa parte de España

Primeira vaga de calor do verán, que afecta a boa parte de España

As temperaturas seguirán subindo este domingo e o luns, agás no Cantábrico

A vaga de calor está a afectar especialmente a zona suroccidental da Península onde se superaron os 35 graos

Este domingo prevense máximas de 43 graos no val do Guadiana e do Guadalquivir

G24.gal 24/06/2023 20:43 Última actualización 24/06/2023 20:58

Á sombra, bebendo moita auga e refrescándose de cando en vez é a maneira cos que moitos intentan aliviar a calor abafante.

"Estamos suando a gota gorda", din algunhas persoas en Andalucía, unha das comunidades afectadas.

E é que unha masa de aire moi cálido procedente do norte de África está producindo un aumento progresivo das temperaturas na Península e nas Baleares. É a primeira vaga de calor do verán, cun total de 27 provincias de nove comunidades autónomas en aviso amarelo ou laranxa.

A vaga de calor está a afectar especialmente a zona suroccidental da Península, onde se superaron este sábado os 35 graos.

Segundo a AEMET, mañá domingo e o luns serán probablemente os días de máis calor desta vaga, xa que as temperaturas continuarán subindo, agás no Cantábrico. Superaranse os 38-40 graos no cuadrante suroccidental, con máximas de 43 graos no val do Guadiana e do Guadalquivir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade