A Tall Ships Races reúne doce grandes veleiros na Coruña
A Tall Ships Races reúne doce grandes veleiros na Coruña
Amplo abano de actividades abertas ao público de once da mañá ata as doce da noite
O domingo partirán rumbo a Lisboa
Contra as nove da mañá entraba no porto coruñés un navío polaco. Con el, son doce os grandes veleiros chegados de países como Dinamarca ou México, os que participan na Tall Ships Race Magallanes-Elcano.
O Cuauhtémoc é un veleiro mexicano e dos máis grandes dos que fondean estes días no porto coruñés. Conta cunha tripulación de 270 persoas, das que 45 son mulleres.
Ao longo da mañá xa foron centos os curiosos que se achegaron ata estas instalacións portuarias movidos pola curiosidade. E tras a visita, pequenos e maiores din quedar abraiados.
Nesta décima edición réndeselle homenaxe a unha das viaxes históricas da navegación marítima: a que levaron a cabo Magallanes e Elcano , no século XVI, e que permitiu completar a primeira circunnavegación do globo terráqueo.