Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acusado de darlle unha malleira a un mozo en Nigrán nega os feitos, pero un porteiro do local identifícao como agresor

O acusado de darlle unha malleira a un mozo en Nigrán nega os feitos, pero un porteiro do local identifícao como agresor

Declararon vítima e acusado, e o segundo enfróntase a 8 anos de cadea e 132.000 euros

G24.gal 09/05/2024 14:23

Vestido de branco pasaba o arco de seguridade dos xulgados de Vigo Nacho Martíns, a vítima da malleira do pazo de Urzáiz. Facíao tranquilo, ata que se decatou de que o acusado tamén estaba no edificio.

O imputado dixo que vira un amigo seu coa cella aberta e por iso correron tras Nacho, pero foi el quen esvarou e correu cara ao bosque.

Tamén declarou a vítima que tivera que ser operada en numerosas ocasións. Recoñeceu que houbo unha tirapuxa no interior do pazo, e que chegou a dar varias puñadas, pero, véndose acurralado, marchou. Fíxoo perseguido por tres persoas que o ameazaban de morte, déronlle un golpe na cabeza e unha patada na cara e axiña quedou sen coñecemento.

A irmá tamén lamentou que só un dos que supostamente agrediu a Nacho sente estes días no banco. Ademais neste tempo algúns dos que supostamente estiveron involucrados  na malleira fixéronlle xestos intimidatorios na rúa. O xuízo vaise prolongar tres xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade