Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeiras nevaradas en Manzaneda, coa sensación térmica baixo cero

Primeiras nevaradas en Manzaneda, coa sensación térmica baixo cero

A fronte prevista para a madrugada do xoves podería traer novas precipitacións de neve á montaña ourensá, que rexistrou a temperatura  máis baixa de Galicia

G24.gal 23/11/2021 14:41

As primeiras nevaradas do outono caeron en Manzaneda a apenas cinco días de que abra as súas portas a estación de esquí, o vindeiro 27 de novembro.  As precipitacións non foron moi abundantes, pero suficientes para atraer os primeiros visitantes.

A baixada das temperaturas -aquí se rexistrou a máis baixa de Galicia a noite pasada, con -3,5 graos- fixo que se formara unha capa de xeo baixo a neve. O termómetro marcaba nas horas centrais do día un grao e medio positivo, pero a sensación térmica non superaba os tres baixo cero, e chegou a ser de seis e medio baixo cero pouco antes do mediodía.

O paso dunha fronte que se espera para a noite do mércores arrastrará aire frío que posiblemente volva provocar precipitacións de neve o xoves á mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos