Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeiras xornadas dedicadas á zamburiña en Ferrol

Primeiras xornadas dedicadas á zamburiña en Ferrol

15 hostaleiros de Ferrol Vello recuperan unha receita do 1928

Poderán degustarse ata este domingo

G24.gal 08/06/2023 14:18

15 establecementos de Ferrol Vello recuperan unha receita de zamburiñas de hai 95 anos. Amais do bivalvo leva verduras pochadas, pementón doce e patacas fritidas.

Porén cada local pode tamén achegar pequenas variacións. Iso si: todos abren as zamburiñas na tixola, tapadas o sobre o rustrido.

Ata este domingo, os fogóns dos locais participantes de Ferrol Vello estarán a pleno rendemento para ofrecer este manxar aos seus clientes nestas primeiras xornadas dedicadas á zamburiña que nacen cun claro obxectivo.

Ao longo destes seis días que durarán estas saborosas xornadas, os hostaleiros ferroláns servirán arredor de 300 quilos de zamburiñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade