Primeiro contacto entre os 27 para acordar as cotas pesqueiras do 2024

Galicia espera boas novas sobre a pescada e haberá loita polo xurelo

España, Francia e Portugal, unidas contra a redución en meiga ou cigala

Antón Montero 20/11/2023 20:23 Última actualización 20/11/2023 20:32

Os 27 abriron as negociacións coa Comisión Europea sobre as cotas pesqueiras para 2024. Rematarán cara a finais de ano. 

España, Portugal ou Francia rexeitan parte das propostas feitas hai un mes por Bruxelas, que recomendaba unha pequena redución das capturas de pescada no Atlántico Norte e algo máis importante nos caladoiros do Cantábrico, das augas portugueses ou do Golfo de Cádiz.

Son números que poden cambiar e ao final mesmo rematar nun aumento das capturas. Máis difícil semellan os recortes para o xurelo, que haberá que pactar aínda nas vindeiras semanas cos británicos, o 55 % menos de meigas no Gran Sol ou baixada nas capturas de cigala.

España non deu publicamente a batalla na xuntanza deste luns entre os ministros de Agricultura e Pesca. Luis Planas ausentouse pola formación do novo Goberno e Francia foi quen criticou as propostas da Comisión. O seu ministro esixiu que os acordos de decembro teñan en conta a viabilidade das frotas e do sector. Un xeito de pedir maiores cotas pesqueiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade