Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeiro domingo de rebaixas, concorrido e con descontos de ata o 70 %

Primeiro domingo de rebaixas, concorrido e con descontos de ata o 70 %

O sector do comercio amósase optimista coa resposta da clientela

Algúns establecementos xa están coas segundas rebaixas

G24.gal 08/01/2023 17:13 Última actualización 08/01/2023 18:30

Atraídas polas promocións e tamén polos descontos, moitas persoas aproveitaron este domingo chuvioso para coñecer máis de preto as rebaixas deste ano. 

Algunhas acaban mercando. Outras precisan máis tempo, pero os propios comerciantes falan dun inicio das rebaixas bastante bo.

E iso que moitos establecementos iniciaron os descontos o 2 de xaneiro. Segundo unha enquisa da Asociación Española de Consumidores (Asescon), a media de gasto por persoa será de 135 euros.

Aínda que as rebaixas se prolongarán ata finais de febreiro o sector asegura que a meirande parte das compras se realizarán ao longo desta semana.

En Vigo, por exemplo, representantes da zona Príncipe auguran acadar mellores cifras que as colleitadas no Nadal, cando as vendas foron un 30 % máis baixas ca o ano anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar