Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o parricida de Narón
Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o parricida de Narón
O rapaz de 26 anos agrediu a seu pai, que falecía pouco despois nun centro hospitalario
O TSXG confirmou a decisión da maxistrada tras tomarlle declaración ao sospeitoso
A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do rapaz investigado por un delito de homicidio en Narón.
Foi detido como suposto autor dunha malleira que provocou este luns a morte do seu pai despois de ingresar nun hospital de Ferrol.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a decisión da maxistrada tras tomarlle declaración ao sospeitoso, que pasou este martes a disposición xudicial.
Cronoloxía dos feitos
Os feitos sucederon a primeira hora da tarde do domingo nunha vivenda situada no barrio de Santa Cecilia en Narón cando un rapaz de 26 anos agrediu o seu pai.
Despois do incidente, o mozo xa fora trasladado á comisaría da Policía Nacional de Ferrol, onde se negou a declarar ante os axentes.
O proxenitor, de 67 anos de idade, fora hospitalizado no Complexo Hospitalario Universitario ferrolán, no que faleceu ao día seguinte por mor das feridas que tiña en varias partes do corpo, principalmente na cabeza.