Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional e sen fianza para 7 dos arrestados na operación contra a droga en Pontevedra

Prisión provisional e sen fianza para 7 dos arrestados na operación contra a droga en Pontevedra

No xulgado de Cangas pasaron a disposición xudicial outros tres arrestados, que quedaron en liberdade con cargos

G24.gal 14/09/2023 17:30 Última actualización 14/09/2023 17:48

Nos xulgados de Cangas pasaron a disposición xudicial  dez dos doce detidos na operación contra o narcotráfico. Neste caso, os investigadores relacionan narcos galegos cunha rede de haxix que opera no sur da península.

Para tres dos arrestados, o xuíz  de Cangas decretou liberdade con cargos e a dous obrígaos a entregar o pasaporte  e prohíbelles saír do territorio nacional. Para os outros sete detidos, o que determinou o xuíz foi prisión provisional comunicada e sen fianza por tráfico de drogas e pertenza a organización criminal.

A operación desenvolveuse no Morrazo, no Salnés e tamén en Córdoba. Os axentes incautáronse duns 400 quilos de haxix e 400.000 euros en efectivo. Localizaron a droga no mesmo zulo onde o pasado abril se incautaran de 200 quilos de cocaína.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade