Publicador de contidos
Publicador de contidos

O detido polo crime de Coia alega lexítima defensa e di que a vítima o ameazou cunha machada

O detido polo crime de Coia alega lexítima defensa e di que a vítima o ameazou cunha machada

A xuíza decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido

Confesou ser o autor dos disparos, pero asegura que actuou en lexítima defensa porque a vítima apareceu na súa casa armado cunha machada

Os investigadores apuntan a un axuste de contas como móbil do crime

G24.gal 08/04/2024 19:45 Última actualización 08/04/2024 20:56

O Xulgado de Instrución número 2 de Vigo decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido pola morte, a tiros, dun home no barrio vigués de Coia esta fin de semana. Os investigadores apuntan a un axuste de contas como móbil do crime.

O procesado, de 53 anos, está investigado por un delito de homicidio e respondeu só ás preguntas da súa letrada tras ser posto a disposición xudicial na tarde deste luns, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Confesou ser o autor dos disparos que na noite do sábado acabaron coa vida doutro veciño do mesmo barrio vigués de 57 anos. Pero asegura que actuou en lexítima defensa porque a vítima se presentou no seu domicilio ameazándoo e armado dunha machada.

"Felicitar os corpos de seguridade do Estado pola rapidez e inmediatez. A partir de aí imos deixar que investiguen e esclarezan os datos, as causas e implicacións e relacións que poida haber neste desgraciado suceso", Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia.

A vítima morreu practicamente ás portas da casa do acusado tras recibir dous disparos de escopeta, polo menos un deles na cara. Só dúas horas despois detiñan o autor confeso.

Nun rexistro posterior da súa vivenda atoparon a arma do crime. O home ten antecedentes por tráfico de drogas. Os investigadores apuntan a un axuste de contas como móbil desta morte violenta, a terceira ocorrida en Vigo no que vai de ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade