Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión sen fianza para o condutor que atropelou mortalmente un home en Santiago

Prisión sen fianza para o condutor que atropelou mortalmente un home en Santiago

Para a copiloto, a maxistrada acordou liberdade con comparecencias quincenais

G24.gal 05/10/2023 13:27 Última actualización 05/10/2023 20:19

A titular do Xulgado de Instrución 1 de Santiago decretou este xoves o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do home acusado de atropelar un home na madrugada do pasado martes no barrio compostelán de Conxo.

Así mesmo, para a copiloto, a súa parella, a maxistrada acordou liberdade con comparecencias quincenais, segundo a información facilitada por fontes xudiciais.

A causa séguese por un delito de asasinato/homicidio -pendente de concretar ao longo da instrución- ou, subsidiariamente, homicidio imprudente e omisión do deber de socorro.

Estas dúas persoas foron detidas como presuntas responsables do atropelo mortal dun home de 59 anos o martes pasado ás cinco menos cuarto da madrugada, cando a vítima, supostamente, paseaba o seu can.

O coche implicado fuxiu do lugar tras o atropelo, pero posteriormente o condutor chamou horas máis tarde ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro para sinalarse como o causante. Os acusados compareceron este mércores en sede policial e esta mañá pasaron a disposición xudicial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade