Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión sen fianza para o octoxenario de Nigrán que atacou un veciño

Prisión sen fianza para o octoxenario de Nigrán que atacou un veciño

Recriminoulle o consumo de auga para lavar un vehículo e atacouno cun coitelo 

O home de 86 anos está condenado por un delito de tentativa de homicidio

G24.gal 12/05/2022 19:55 Última actualización 12/05/2022 20:54

Un xulgado vigués decretou prisión comunicada e sen fianza para o octoxenario de Nigrán que o pasado mércores atacou un veciño cun coitelo despois dunha discusión por malgastar auga.    

O home, de 86 anos, foi arrestado por axentes da Garda Civil como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio.  

As primeiras pescudas apuntan a que o agresor mantivo unha discusión co seu veciño, ao que recriminou o consumo de auga para lavar un vehículo. Nese contexto foi por un coitelo e atacouno.

A vítima sufriu cortes en varias zonas do corpo, os máis profundos nun brazo, polo que foi evacuado a un Punto de Atención Continuada, e posteriormente ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O presunto agresor foi detido e trasladado ao cuartel da Garda Civil de Baiona, onde foi posto a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade