Prisión sen fianza para o suposto autor dun tiroteo en Ordes
Prisión sen fianza para o suposto autor dun tiroteo en Ordes
É un atracador que estaba en proceso de reinserción despois de cumprir 16 anos de cadea
A xuíza de Ordes decretou este venres prisión provisional, comunicada e sen fianza para o presunto autor do tiroteo acontecido na madrugada do mércores en Ordes.
O detido vai ser investigado por intento de homicidio, roubo con violencia, intimidación e tenza ilícita de armas.
Trátase dun coñecido atracador que estaba en proceso de reinserción despois de cumprir 16 dos 20 anos de cadea aos que fora condenado.
O luns pasado non regresou dun permiso penitenciario e foi entón cando a Garda Civil comezou a buscalo.
Deron con el na madrugada do mércores cando, armado cunha pistola, tentou roubar un coche e acaboulle disparando ao seu dono, que se recupera dunha ferida de bala.