Cargando resultados...
Prisión sen fianza para os atracadores dun banco en Vigo
Prisión sen fianza para os atracadores dun banco en Vigo
O xulgado adopta esta medida por risco de fuxida e por reiteración delituosa
G24.gal
06/11/2023 20:38
Última actualización 06/11/2023 21:24
Un xulgado de Vigo decretou o ingreso en prisión comunicada e sen fianza para os dous homes que o venres pasado atracaron, á man armada, unha sucursal bancaria da cidade.
O xuíz adoptou esta medida ao considerar que existe risco de fuxida e por reiteración delituosa, ao teren antecendentes penais. Os dous detidos declararon esta mañá ante o xuíz.
Tamén prestaron declaración, en calidade de testemuñas, os empregados da sucursal bancaria.