Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta proba drons e intelixencia artificial para detectar danos nas estradas

A Xunta proba drons e intelixencia artificial para detectar danos nas estradas

A ferramenta emite informes inmediatos do estado da vía para avanzar na súa conservación

Permite gañar tempo e obxectividade fronte á recollida manual de datos

G24.gal 14/07/2023 14:38

O control de tráfico non é o único servizo que os drons poden facer nas estradas. Este venres en Palas de Rei reveláronse de moita utilidade para detectar en tempo récord danos no pavimento, para logo clasificalos por gravidade e urxencia na reparación.

"Primeiro o dron fai fotos aéreas da vía, posteriormente analízanse con intelixencia artificial e se xera un informe técnico automático", explica Juan Pan, socio da empresa de análise de datos Aguia.

Fronte á inspección tradicional visual, que pode durar semanas, esta tecnoloxía permitiría gañar tempo, seguridade e obxectividade para decidir onde é prioritario intervir.

"Vainos permitir ter máis datos, máis precisos e concretos para poder tomar decisións en función do diagnóstico que se saque de aquí", comenta Gonzalo Vázquez Cabo, enxeñeiro xefe da Axencia Galega de Infraestruturas.

"É unha solución innovadora, un proxecto piloto para avanzar na conservación das estradas, un asunto prioritario ao que destinamos cada ano 20 millóns de euros", di Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

Unha ferramenta pioneira que se podería implantar nas estradas de titularidade autonómica, tal e como se fixo coa inspección con drons de pontes e viadutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade