Os farmacéuticos din que non hai motivo de alarma polo desabastecemento de medicamentos
Os farmacéuticos din que non hai motivo de alarma polo desabastecemento de medicamentos
No caso de remedios para os nenos pódense adaptar medicinas de adultos
Noutros casos búscanse alternativas para os tratamentos
A amoxicilina en formato infantil, un dos antibióticos máis comúns, presenta problemas de abastecemento nas farmacias, pero non é o único.
"Houbo un momento que non había ningunha amoxicilina e tamén houbo outros problemas con medicamentos para a asma", explica Alfonso Teijeiro, farmacéutico en Vigo.
Nalgúns casos poden adaptarse os medicamentos de adultos a doses para nenos. O problema aparece cando non hai alternativas que poidan decidir na propia farmacia. "Temos marxe para que, en certos medicamentos, adaptamos a dose de adultos para nenos maiores de 10 ou 12 anos", detalla Teijeiro.
Os profesionais insisten en que non hai motivo para a alarma, xa que sempre hai opción para os tratamentos.