Publicador de contidos
Publicador de contidos

A procesión da Nosa Señora das Angustias atrae en Ferrol centos de devotos e turistas

A procesión da Nosa Señora das Angustias atrae en Ferrol centos de devotos e turistas

O Cristo da Agonía acaba de ser restaurado e saíu á rúa por primeira vez despois da limpeza á que foi sometido

G24.gal 14/04/2022 17:30

O Xoves Santo ofreceu aos visitantes unha das procesións máis relevantes de Ferrol, a das Angustias, que ten o trazado máis longo de toda a Semana Santa, por Esteiro e A Magdalena, e é a titular da confraría.

A da Confraría das Angustias saiu pasadas ás 20:00 horas do seu templo acompañada das imaxes de Xesús Nazareno (do século XVIII), o Cristo da Agonía, o Cristo Xacente e a imaxe da nosa Señora das Angustias, datada no século XVIII e que terá a súa coroación canónica o 12 de xuño.

Como novidade, o Cristo da Agonía acaba de ser restaurado e saíu á rúa por primeira vez despois da limpeza á que foi sometido. O acompañamento musical púxoo a A.M. do Cristo da Boa Morte, a Banda das Angustias, a Banda de Música de Ortigueira, a capela musical Particela e a Banda de Música do Terzo Norte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade