Comeza a citación para vacinar a poboación infantil contra a gripe

Alertan da cantidade de ingresos hospitalarios por este motivo, similar ao da franxa de maiores de 65

O Sergas comezou convocar as familias de menores de cinco anos para as dúas vindeiras fins de semana

G24.gal 11/11/2023 12:59 Última actualización 11/11/2023 17:52

As unidades de pediatría do Servizo Galego de Saúde animan a vacinar a poboación infantil contra a gripe. Alertan da cantidade de ingresos hospitalarios por este motivo, similar ao da franxa de maiores de 65 anos. 

A consellería de Sanidade comezou citar as familias de menores de cinco anos para as vindeiras fins de semana: os días 18, 19, 25 e 26 de novembro.

A elección das fins de semana ten por obxectivo facilitar que poidan acudir ao conxunto dos hospitais da rede sanitaria galega. 

En función do volume da poboación diana, a primeira fin de semana citarase en todos os hospitais da rede sanitaria pública galega, excepto no caso de Monforte, que será no anexo ao IES Río Cabe.

Os días 25 e 26 de novembro as citas continuarán soamente nas áreas da Coruña-Cee; Vigo; Santiago-Barbanza; e Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Menores de 60 con patoloxías de risco

Ademais, a Consellería de Sanidade habilitará o vindeiro xoves, 16 de novembro, o sistema de autocita para que as persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco poidan vacinarse nos grandes recintos habilitados contra a gripe e a covid-19.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade