Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cobertura especial para seguir a xornada electoral na CRTVG

Cobertura especial para seguir a xornada electoral na CRTVG

Ás 19:45 h arrancarán os especiais informativos en TVG e Radio Galega

Ás 20:00 h, co peche dos colexios electorais, a CRTVG ofrecerá á audiencia unha enquisa elaborada por GAD3 para FORTA

Toda a xornada electoral poderá seguirse, minuto a minuto, a través de G24.gal

G24.gal 27/05/2023 22:30

Os medios públicos da Corporación de Radio e Televisión de Galicia informarán este domingo do minuto a minuto da xornada electoral. As eleccións municipais poderán seguirse en directo en Televisión de Galicia, Radio Galega e G24.gal a través dunha programación especial que dará conta dos avances de participación, a evolución do escrutinio e a análise dos resultados.

Televisión de Galicia ofrecerá no serán un programa especial a partir das 19:50 horas, presentado por Marta Darriba, Carlos Amado e Alberto Mancebo. Con eles, varios analistas debuxarán todas as claves dunha noite electoral que determinará a composición dos novos gobernos municipais para os próximos catro anos.

O especial informativo mostrará en tempo real o escrutinio de todos os concellos de Galicia, con atención especial ás urbes de maior poboación, así como os resultados das principais cidades e as comunidades autónomas do conxunto do estado que se integran nesta cita coas urnas.

Tamén ás 19:50 h arrancará en Radio Galega o especial electoral, conducir Luis Ojea e Celia Rúa, cunha mesa de análise que dará contexto aos numerosos datos e reaccións políticas que se producirán ata ben entrada a madrugada.

Este portal web G24.gal será a referencia para os espectadores que opten polo teléfono móbil como o principal medio de información. A través de varios mapas interactivos, os usuarios coñecerán en tempo real a evolución do escrutinio.

Ás 20:00 h, coincidindo co peche dos colexios electorais, os medios da Corporación ofrecerán á súa audiencia unha enquisa elaborada pola empresa GAD3 para FORTA. A sondaxe, elaborada nos 26 días previos á xornada electoral, ofrecerá datos das sete principais cidades galegas (Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol), de catro comunidades autónomas (Madrid, Valencia, Aragón e Castela-A Mancha) e das principais cidades (Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia e Zaragoza). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade