Prohibirán desde setembro a venda de cadeiras infantís para coche que non cumpran a nova normativa
Prohibirán desde setembro a venda de cadeiras infantís para coche que non cumpran a nova normativa
Recomendan que o menor vaia a contramarcha polo menos ata os catro anos
O sistema Isofix, máis seguro
Os materiais están máis avanzados e protexen mellor o pescozo
A partir de setembro as únicas cadeiras infantís para o coche que se poderán comercializar son as que se rexen pola norma R129, máis avanzadas en enxeñería e materiais.
O resultado das probas de impacto lateral é que estea mellor protexido o pescozo. Agora a instalación deberá facerse co sistema Isofix, que reduce o risco de poñela mal. A norma establece unha moratoria de oito anos para actualizar os dispositivos.
Nunca debería usarse unha cadeira infantil para o coche máis aló da súa vida útil porque os materiais se deterioran e perden eficacia. A DXT recomenda revisarlles ben a etiqueta, que tamén inclúe a altura para a que é adecuada.