Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prohibidos os fogos artificiais e a pirotecnia polo alto risco de incendios

Prohibidos os fogos artificiais e a pirotecnia polo alto risco de incendios

A vaga de calor e a seca deixan sen esta tradición as festas que se celebren en terreos forestais con risco de lume

G24.gal 16/07/2022 14:28

Para evitar novos lumes nesta situación de seca que vivimos, a Consellería do Medio Rural lembra que está prohibido usar pirotecnia e fogos artificiais nos terreos forestais ou nos de influencia forestal nas zonas con alto risco de incendios.

Nestas datas nas que se celebran tantas festas parroquiais, mediante unha circular remitida aos concellos galegos a Xunta lembra que hai que ter en conta o índice diario de risco de incendio forestal, un indicativo que prevé as condicións de inicio e propagación do lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade