Publicador de contidos
Publicador de contidos

Éxito na liquidación de lácteos na Casa Grande de Xanceda

Éxito na liquidación de lácteos na Casa Grande de Xanceda

A Casa Grande de Xanceda rebaixa leite e iogures almacenados pola folga de transportes

En tres horas 1.500 persoas completaron a ocupación prevista para este sábado na Granxa

G24.gal 26/03/2022 15:53

Máis consecuencias da folga de transportes. Esta foi fin de semana de mercado na Casa Grande de Xanceda para darlle saída aos produtos almacenados durante o paro dos transportistas. Había que rexistrarse para acudir e, en tres horas esgotaron a cabida: anotouse máis dun milleiro de persoas

"Moitísimas grazas por virnos visitar neste momento e polo voso apoio

É o recibimento aos visitantes nesta granxa do concello de Mesía onde hoxe e mañá hai un mercado. A folga de transporte deixoulles o almacén cheo de produtos lácteos por valor duns cen mil euros e organizaron unha promoción para que non se botaran a perder.

"Non puidemos distribuír os iogures nas tendas e supermercados así que os nosos almacéns estaban cheos e necesitamos sacar ese produto para non ter que tomar unhas decisións máis drásticas.A convocatoria acadou tal éxito que en tres horas se apuntaron unhas 1.500 persoas que completaron a cabida.

"Xa coñecemos estes produtos, sobre todo os nenos que os consumen, e (viñemos) por ensinarles a eles todo este."

"Completamos o rexistros, non temos máis aforo e temos que pedir que por favor non acuda a xente á Casa Grande de Xanceda hoxe se non ten a súa praza confirmada."

Ademais de mercar os produtos da graxa pódese ver a sala de ordeño e hai actividades para desfrute dos máis pequenos. Esta fin de semana é especial pero o resto do ano organízanse visitas guiadas para coñecer como funciona unha explotación ecolóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade