Publicador de contidos
Publicador de contidos

Protestas polos ruídos nocturnos, pelexas e vandalismo no barrio ferrolán de Ultramar

Protestas polos ruídos nocturnos, pelexas e vandalismo no barrio ferrolán de Ultramar

Aseguran que pasan tres das sete noites da semana en vela

Esixen solucións antes de que haxa unha desgraza

G24.gal 03/05/2022 14:15

Veciños do barrio de Ultramar, en Ferrol, saben que a partir deste xoves volverán estar tres días en vela. Din que as pelexas na rúa son constantes. Protestan tamén polos actos vandálicos e pola sucidade que deixan.

Os que levan vivindo máis anos no barrio din que a situación se agravou nos últimos tempos. A Televisión de Galicia púxose en contacto co Concello para saber se van tomar medidas ao respecto pero, ata o momento, non obtiveron resposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade