Publicador de contidos
Publicador de contidos

Proxectos galegos de investigación sanitaria, seleccionados para as axudas da AECC

Proxectos galegos de investigación sanitaria, seleccionados para as axudas da AECC

 INIBIC, o IDIS e o CIMUS logran as principais axudas, que este ano superan os 700.000 euros 

G24.gal 22/02/2024 14:25

Entre os criterios da Asociación Española contra o Cancro está favorecer as investigacións máis disrruptivas, as menos convencionais. Das axudas deste ano, por exemplo, case 300.000 euros van para o equipo do CIMUS que investiga como opera o cancro a nivel neurolóxico, e que dirixe Miguel López, experto nos mecanimos neuronais da obesidade.

 "O que propoñemos é o estudo dos mecanismos que conducen á caquexia. O tumor libera ou produce moléculas que, por dicilo dun xeito simple, estragan os centros de control do balance enerxértico, que están no hipotálamo", explicou Miguel López, investigador do CIMUS

Son teses que poden supoñer unha revolución, como a que supuxo no seu momento descubir as células metastásicas que propagan o cancro, ou as dormentes, que poden provocar recidivas.

A AECC Coruña seleccionou tamén un proxecto no INIBIC e un do IDIS relacionados coas terapias celulares e a medicina personalizada. Téncicas que están xa salvando vidas.

"Debutei no cancro co peor prognóstico, estadio 4, metástase no fígado, pulmón e unha vértebra... Pero o tratamento polo que apostou a miña oncóloga fixo moito efecto. Conseguiron non só frear a metástase, senón eliminala por completo", relata a paciente oncolóxica Tania Casal.

Para que casos como os de Tania sexan os maioritarios cómpre investigación, a principal ferramenta de loita contra o cancro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos