Publicador de contidos
Publicador de contidos

PSOE e PP cruzan reproches polos casos de suposta compra de votos

PSOE e PP cruzan reproches polos casos de suposta compra de votos

Sánchez: "O que non queren é que vaiamos votar, (....) por iso embarran a política"

Feijóo: "O sanchismo tense que enterar: a democracia en España non está en venda"

G24.gal 26/05/2023 14:55 Última actualización 26/05/2023 15:07

En Albudeite, Murcia, a candidata do PSOE á alcaldía, o número 19 da lista autonómica e os outros once detidos xa están en liberdade con cargos.

En Mojácar, Almería, hoxe pasan a disposición xudicial os sete arrestados, entre eles, o número dous e o cinco da candidatura socialista nesta localidade.

O PSOE di que actuará con contundencia se se confirma que tentaron mercar votos. "Se nalgún lugar, algunha persoa do PSOE tivo que ver algo con isto, será expulsada inmediatamente porque non é socialista", dixo o ministro de Cultura e Deportes, Miquel Iceta.

Para José Luis Escrivá, ministro da Seguridade Social, "o importante nestes episodios é a contundencia e a rapidez coa que hai que reaccionar".

Pero o Partido Popular pide máis, que Pedro Sánchez que dea explicacións e depure responsabilidades. "O sanchismo tense que enterar: a democracia en España non está en venda", dixo Alberto Núñez Feijóo durante un mitin en que tamén prometeu subir as penas por corrupción para "que ninguén meta a man na caixa nin na urna".

Pero o líder do PSOE elude o tema e apunta á dereita. Noutro mitin, Pedro Sánchez afirmou que "o que non queren é que vaiamos votar o próximo 28 de maio, queren que nos alonxemos dar urnas, que non acudamos aos nosos centros electorais, por iso embarran a política, insultan, descualifican, porque coñecen moi ben as consecuencias do poder do voto".

O de Melilla foi o primeiro caso de suposta compra de votos que se coñeceu, pero nas últimas horas investíganse casos semellantes en Zamora, Huelva ou A Gomera, entre outras localidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade