Publicador de contidos
Publicador de contidos

PSOE e PP selan un pacto para gobernar O Carballiño en coalición

PSOE e PP selan un pacto para gobernar O Carballiño en coalición

O acordo inclúe ceder a alcaldía aos populares un ano

O acordo converte a esta localidade ourensá nunha das poucas onde se deu un pacto entre dúas formacións rivais

Imaxe do Concello do Carballiño (carballino.gal) Imaxe do Concello do Carballiño (carballino.gal)
G24.gal 18/06/2024 17:05

PSOE e PP pecharon este martes un pacto para gobernar O Carballiño (Ourense) en coalición, que inclúe que o rexedor que resultou investido tras as pasadas eleccións municipais, o socialista Francisco Fumega, cederá o bastón de mando municipal aos populares no último ano de mandato previo aos comicios locais de 2027.

O actual portavoz popular no Carballiño, José Castro, será o tenente de alcalde ata que chegue a quenda dos populares de ter a Alcaldía.

Tras as eleccións de maio do ano pasado, Francisco Fumega, do PSOE, gobernaba O Carballiño en minoría, con seis concelleiros. O PP ten cinco, os mesmos que Espazo Común, o partido do exalcalde da localidade e exconselleiro do bipartito, Pachi Vázquez.

Precisamente, o Concello do Carballiño tiña fixado para este mércores 19, ás 11:00 horas, unha sesión plenaria extraordinaria (posterior á celebración do pleno ordinario) a pedimento de Espazo Común na que se expuña a posibilidade dunha moción de censura que dese pé a unha alternativa política a Fumega.

Finalmente, o achegamento produciuse entre socialistas e populares, o que converte a esta localidade ourensá nun dos poucos casos nos que se propician este tipo de pactos entre dúas formacións historicamente rivais no plano ideolóxico.

Con todo, hai excepcións e tamén na propia provincia de Ourense, onde unha das tres alcaldías rotatorias acordadas tras os comicios locais do pasado ano foi, precisamente, pactada por PP e PSOE en Ramirás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade