Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 96 % dos alumnos presentados superaron a ABAU: consulta a lista de aprobados

O 96 % dos alumnos presentados superaron a ABAU: consulta a lista de aprobados

Ata o vindeiro 18 de xuño pódese solicitar unha revisión, e as notas definitivas sairán o día 20

 A preinscrición na universidade comeza o 19 de xullo

Ata o 18 de xuño pódese reclamar unha nova corrección dos exames.
G24.gal 13/06/2024 19:17 Última actualización 14/06/2024 08:57

Unha hora antes do previsto, ás sete da tarde, xa comezaron a saír as notas provisionais na plataforma Nerta da Comisión Interuniversitaria Galega. Para coñecer os resultados, os estudantes deben ingresar na súa conta persoal co contrasinal proporcionado. Así poden acceder ás cualificacións das diferentes materias e á nota medial final de acceso, que combina os resultados da ABAU coas notas obtidas en bacharelato. 

Os que non estean conformes coas notas, teñen de prazo desde hoxe ata o día 18 ás dúas da tarde para reclamar unha segunda corrección dos exames. Debe solicitarse por vía telemática na mesma plataforma. As notas definitivas publicaranse o vindeiro xoves, día 20, ás oito da tarde, e as tarxetas coas notas finais enviaranse ao día seguinte. 

Do 19 de xuño ao 1 de xullo é o momento da preinscrición na universidade

Tanto para quen non aprobou os exames como para quen non puidese examinarse na convocatoria ordinaria da ABAU ou para quen queira subir nota, as probas extraordinarias de selectividade celebraranse os días 2, 3 e 4 de xullo

Este ano, como adoita ser habitual, case todos aprobaron a ABAU. Nesta edición, dos 11.011 estudantes que se presentaron á fase xeral, aprobaron 10.573, un 96 %, unha porcentaxe dous puntos superior á do ano pasado. 

Este xa é o derradeiro ano coa ABAU que comezou en 2015, coa LOMCE. A partir do ano que vén, a nova lei educativa, a LOMLOE, xa aplicará a súa propia selectividade, que volverá chamarse PAU, Proba de Acceso á Universidade. 

Dos 13.026 estudantes que se presentaron á ABAU pasaron a proba 11.011. Son o 96,02% de aptos.

Consulta aquí se estás entre os aprobados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade