Publicador de contidos
Publicador de contidos

Publícanse novas axudas para a incorporación da mocidade á actividade agrogandeira

Publícanse novas axudas para a incorporación da mocidade á actividade agrogandeira

O fin último destas subvencións, de 16 millóns de euros, é fixar poboación no rural

Félix Aragunde 22/01/2024 19:33 Última actualización 22/01/2024 19:59

Con 20 anos, Ainhoa aspira a incorporarse á explotación de leite dos seus pais, situada na parroquia de Armesto en Becerreá. Como agricultora moza, poderá optar ás axudas que acaban de publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Trátase de subvencións destinadas a rexuvenecer a poboación activa agraria, con especial consideración para as mulleres. O fin último destas axudas non é outro que fixar poboación no rural.

Ainhoa Fernández Castro, filla de gandeiros: "Estas axudas anuais sempre nos motivan para seguir aquí e ampliar a gandería, facer novas instalacións, comprar nova maquinaria ou cumprir con todos os requisitos que nos supoñen".

Ao mesmo tempo, esta futura gandeira demanda unha maior celeridade na entrega das subvencións e máis formación para se poderen poñer ao día as persoas titulares das explotacións.

Ainhoa Fernández Castro, filla de gandeiros: "Este ano puxeron novo o caderno dixital, que temos que cubrir e que nos supón unha formación para o poder facer e recibir as axudas que pedimos".

En conxunto, este ano destínanse 47 millóns de euros ao Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, cofinanciados polo Estado, a Xunta e mais a Unión Europea. Deles, 16 millóns irán destinados á incorporación da mocidade á actividade agrogandeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade