Puigdemont anuncia o seu regreso a España
Puigdemont anuncia o seu regreso a España
JxCat xa convocou un acto de recibimento en Barcelona para este xoves ás nove da mañá, unha hora antes do inicio do pleno de investidura de Salvador Illa
Os Mossos blindarán o Parlament, nun dispositivo semellante a outras investiduras, pero están obrigados a detelo
6 anos e 10 meses despois da súa fuxida de España, Puigdemont anuncia que "emprendin a viaxe de retorno desde o exilio".
Polo momento, non se sabe se o expresidente catalán xa cruzou a fronteira, pero si que as nove da mañá deste xoves quere estar no acto de recibimento que organizaron Junts e varias organizacións independentistas en Barcelona.
Para chegar alí terá que esquivar os Mossos d'Esquadra, obrigados a detelo por un presunto delito de malversación que o Supremo considera que non entra na lei de amnistía.
"Unha detención que sería arbitraria e ilegal, é a evidencia dunha anomalía democrática", dixo Puigdemont.
A convocatoria será unha hora antes do pleno de investidura de Salvador Illa. Os socialistas esperan facelo "nun so día e o antes posible", pediu a voceira socialista no Parlament, Alicia Romero.
Pero previsiblemente, o arresto do expresident conlevaría a suspensión do proceso. Iso si, a diferenza de Junts, Esquerra e os Comúns queren que quede nunha protesta simbólica e que se retome nos vindeiros días.
O PP cre que se aveciña un circo do que culpa ao Goberno. O seu vicesecretario de Asuntos Institucionais, Esteban González Pons, cre que "imos vivir un esperpento, a culminación do que o sanchismo representa: o caos que Sánchez recolle tras os ventos que sementa".
Mentres Junts chama á rebelión contra o Supremo, Esquerra asinaba co PSC o acordo para facer presidente a Illa, está por ver se este xoves.