Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puigdemont desdeña a oferta de pacto do PSC

Puigdemont desdeña a oferta de pacto do PSC

As enquisas apuntan a un escenario complexo con risco de bloqueo

G24.gal 03/05/2024 14:41 Última actualización 03/05/2024 17:26

A campaña electoral en Cataluña chega ao seu ecuador e as enquisas auguran un escenario complexo, con risco de bloqueo. Os socialistas téndenlles a man aos partidos independentistas, que, polo momento, desdeñan o pacto.

O candidato do PSC, Salvador Illa, parte como favorito nas enquisas. O socialista postúlase xa á investidura, e pregúntalles aos partidos independentistas se van bloqueala.

Os de Puigdemont volven desdeñar o pacto. O número 3 de la lista de Junts+, Josep Rull, reitorou no último debate electoral, que non van pactar co PSC. "Non faremos presidente a Salvador Illa", insistiu.

ERC deixa a porta aberta a futuras alianzas, pero repróchalle a Illa que dea por feita a vitoria.
"Primeiro terán que votar os cidadáns", apuntou Aragonès, que aspira a repetir como presidente da Generalitat.

Para o Partido Popular, socialistas e independentistas ofrecen o mesmo. Segundo Alberto Núñez Feijóo, "o separatismo e o socialismo non é un bo tándem para facer unha política mellor".

Os populares cren, ademais, que os eventuais pactos do PSC tras as eleccións en Cataluña estarán pilotados por Pedro Sánchez dende Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade