Publicador de contidos
Publicador de contidos

Llarena estuda se lle levanta a Puigdemont a orde de detención pola lei de amnistía

Llarena estuda se lle levanta a Puigdemont a orde de detención pola lei de amnistía

A Fiscalía di que cabe aplicar a amnistía tanto na causa do procés coma no caso Tsunami Democràtic 

O regreso de Puigdemont a España está condicionado pola decisión do Tribunal Supremo
G24.gal 20/06/2024 14:05

O partido chegou ao momento crucial. As cartas están xa todas boca arriba. A política fixo o seu traballo (lei de amnistía) e a fiscalía presentou o seu informe. O regreso de Puigdemont a España está agora nas mans do Supremo e máis concretamente nas do maxistrado Pablo Llarena. 

A decisión máis inmediata que debe tomar e se levanta ou non a orde de detención contra o expresidente fuxido. Diso depende que poida asistir de forma presencial a unha hipotética investidura.  Se non o fai, sempre  podería votar telematicamente, porque así o decidiu o Tribunal Constitucional. 

Un segundo paso é pronunciarse sobre se cabe aplicarlle a lei de amnistía a todos os delitos da causa do procés, incluída a malversación. A Fiscalía defende que si, porque "non houbo ánimo de lucro".  O viacrucis de Puigdemont no Supremo non remata aí. Quédalle un segundo procedemento aberto, o caso Tsunami Democràtic. 

E aquí a Fiscalía tamén está do seu lado. Nun informe que só asinou a tenente fiscal do Supremo mantén os actos investigados por terrorismo non reúnen a gravidade suficiente para quedar fóra da amnistía.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade