Que facer esta fin de semana
Que facer esta fin de semana
Unha escolma dalgunhas das principais festas e citas gastronómicas desta fin de semana
Non tes claro que facer esta fin de semana? Aquí che traemos unha breve axenda de festas e concertos polo país:
Citas gastronómicas
-
Festa da Empanada en Allariz. Dende este venres 18 ao domingo 20, Allariz terá degustación de empanada, concertos e ata concursos.
-
Festa da Empanada de Bandeira (Silleda). Outra das citas grandes coa empanada do país está no Deza esta fin de semana.
-
Festa da Carne ao Caldeiro en Remourelle (Ribadeo). O sábado 19 os amantes da carne ao caldeiro teñen cita en Remourelle.
-
Festa da Ameixa do Carril (Vilagarcía). Se es máis de mar que de terra, o teu lugar é Vilagarcía coas súas ameixas.
-
Festa da Augardente do Condado en Arbo. Prefires ir polo sur e quecer a gorxa? Anota: augardente de Arbo.
-
Festa da Anguía e a Caña en Valga. Queres saír do cotián? En Valga podes probar anguía e acompañala cunha cervexa fresca.
-
Festa da Queimada en Cervo. Dende as 10:00, bebida e tradición conxúganse en Cervo en honra á súa queimada.
Disfraces e Entroido
-
Batallas das Flores en Pontevedra. Este venres 18, Pontevedra rebordará pétalos e diversión para os máis pequenos e os non tan pequenos.
-
Entroido de Verán en Redondela. As rúas da vila énchense este sábado 19 de cores e música polo seu entroido estival ao ritmo de La Quinkillada e Ortiga.
Festas con historia e tradición
-
Os Caneiros en Betanzos. As embarcacións bótanse ao río Mandeo en Betanzos este venres 18.
-
Festival Irmandiño en Moeche. Dende este venres comeza a conmemoración do movemento irmandiño de 1431 en Moeche.
-
Festa do Gaiteiro en Soutelo de Montes (Forcarei). A ritmo de muiñeira vibrarán polo Tabeirós este sábado nesta homenaxe ao gaiteiro.
-
Festa do Esquecemento en Xinzo. Romanos, música, artesanía e moito espectáculo en Xinzo nesta fin de semana.
-
Festa do Miño (Tui). Tradicional descenso popular dende a Ribeira de Caldelas ás 16:00 e festa gastronómica ás 20:00. Este sábado en Tui.
-
Festa da Malla en Doade (Lalín). Tamén con artesanía, comida e recreacións vibrarán por Lalín con esta festa de Interese Turístico Galego todo o sábado 19.
Concertos e festivais
-
Vanessa Martín nas Festas da Peregrina (Pontevedra). Sábado 19 ás 22:30.
-
David Guetta en Castrelos (Vigo). Domingo 20 ás 22:00.
-
Rayden nas Festas da Peregrina (Pontevedra). Domingo 20 ás 22:30.
-
Efecto Mariposa en Ferrol. Domingo 20 ás 22:00.
-
Trece Roeis Fest (Pantón)
-
Venres: Reincidentes, Kaotiko, Lamatumbá, Catuxa Salom e Lucía Aldao.
-
Sábado: Benito Kamelas, Tribade, Sofía Espiñeira, Tregua e Festicultores Troupe.
-