Publicador de contidos
Publicador de contidos

Que se pode facer en fin de ano? Resolvemos as dúbidas frecuentes

Que se pode facer en fin de ano? Resolvemos as dúbidas frecuentes

A que hora van pechar os bares e restaurantes?

Que significa o 'toque de non queda'?

Ata que hora abren pubs e discotecas?

G24.gal 29/12/2021 15:29

Recordemos cales son os límites que se empezan a aplicar na noite do xoves.

As medidas están encamiñadas a reducir a interacción social para conseguir así frear o regueiro de contaxios que nos está deixando a sexta vaga. 

A que hora van pechar os bares e restaurantes?

A partir da medianoite deste xoves a hostalería deberá pechar ás 12.00, agás os venres e sábados que poderá abrir unha hora máis, ata a 1 da mañá.

Mantense a limitación de comensais por mesa: 8 no interior e 10 na terraza. As barras estarán de novo pechadas.

Quero ir almorzar a un bar. Debo levar o certificado covid? 

Si, a partir de agora será obrigatorio presentar o pasaporte covid a calquera hora do día. 

E os pubs e discotecas, ata que hora van estar abertos?

A partir deste xoves os locais de ocio nocturno só poden abrir ata as 3 da mañá

Que significa o 'toque de non queda'?

O toque de non queda refírese á prohibición de reunirse con non conviventes tanto na rúa como no ámbito privado entre as 3 e as 6 da mañá.

Só se poderá camiñar en solitario ou acompañado de persoas que vivan baixo o mesmo teito. A medida ten como obxectivo fundamental evitar os botellóns

Algunhas das excepcións a este 'toque de non queda' son: as persoas que vivan soas, que poderán formar parte dunha única unidade familiar de convivencia ampliada, a reunión de persoas menores de idade cos seus proxenitores, en caso de que estes non convivan no mesmo domicilio; a reunión de persoas con vínculo matrimonial ou de parella, cando estes vivan en domicilios diferentes; a reunión para o coidado, atención, asistencia ou acompañamento a persoas menores de idade, maiores ou dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables; a pernoita no mesmo domicilio no caso de reunión ou reencontro familiar ou de achegados e por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Que se pode facer na noite de fin de ano?

A hostalería terá que cerrar á unha da mañá e non poderá volver a abrir antes das 09:00 horas do día 1. O ocio nocturno estará aberto ata as 3 da madrugada.

A Xunta recomenda que se limiten as ceas en domicilios particulares a dúas unidades familiares e pide que se ventilen ben os espazos onde nos imos xuntar. 

A estas medidas e o resto das aprobadas pola Xunta que non precisaron aval xudicial súmanse unha serie de recomendacións. Pídenlle aos concellos que no horario do chamado "toque de non queda" pechen os parques e as praias para evitar que se realicen botellóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade