Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queda ferido leve nun accidente na AP-9 a poucos metros dun viaduto

Queda ferido leve nun accidente na AP-9 a poucos metros dun viaduto

Foi no quilómetro 83 á altura do concello de Padrón, preto do viaduto de Manzanillo

G24.gal 25/02/2024 20:41

O accidente ocorreu ás tres da tarde deste domingo na AP-9, no quilómetro 83 á altura do concello de Padrón. Un coche, que circulaba en dirección Santiago, saíu da vía nun momento no que chovía moito.

Por sorte, o condutor e único ocupante do vehículo, quedou ferido leve. Tras un primeiro impacto atravesou o quitamedos e desprazouse uns oitenta metros pola beiravía. Quedou a escasos metros do viaduto de Manzanillo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade