Cargando resultados...
O avance da pandemia só deixa en Galicia dezaoito concellos libres da covid
O avance da pandemia só deixa en Galicia dezaoito concellos libres da covid
Apenas o 6 % dos 313 municipios teñen cero casos
G24.gal
26/12/2021 20:33
Co avance dos contaxios, cada vez son menos os concellos galegos libres da covid. Non chegan ao 6 %. A súa característica común é que están no rural.
Segundo os datos do Sergas, en todos os municipios de Pontevedra hai persoas infectadas. Nas outras tres provincias, quedan dezaoito sen positivos.
A que ten máis concellos con cero casos rexistrados é a provincia de Ourense, con Calvos de Randín, Gomesende, Piñor, Porqueira, Quintela de Leirado, Xunqueira de Ambía, A Peroxa, Sandiás, A Veiga e Verea.
Na provincia da Coruña hai catro concellos libres de covid: Cerdido, Mañón, Moeche e As Somozas. En Lugo, outros tantos: Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Triacastela e Antas de Ulla.