Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quedan en liberdade dous dos presuntos autores da agresión sexual en grupo en Sarria

Quedan en liberdade dous dos presuntos autores da agresión sexual en grupo en Sarria

Levaban desde o día 10 de outubro en prisión provisional, comunicada e sen fianza

A xuíza impúxolles unha orde de afastamento, a prohibición de comunicarse coa denunciante e de saír do territorio español

G24.gal 24/10/2023 18:41

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Sarria (Lugo) deixou en liberdade dous dos presuntos autores dunha agresión sexual en grupo ocorrida en setembro nun local de lecer nocturno do municipio.

Levaban desde o día 10 de outubro en prisión provisional, comunicada e sen fianza, pero este luns a xuíza decretou a súa liberdade a través dun auto despois de que así o solicitasen as súas defensas.

A pesar de que saíron de prisión, si que lles impuxo medidas como unha orde de afastamento da denunciante, a prohibición de comunicarse con ela e saír do territorio español, retirada do pasaporte e comparecencia perante o xulgado todas as semanas.

Xunto a estes dous homes, había un terceiro detido que non entrara no cárcere pero contra o que si que se adoptaron medidas similares. No seu caso, está investigado como cooperador necesario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade