Quedan menos, pero hai tendas relixiosas que seguen resistindo
Quedan menos, pero hai tendas relixiosas que seguen resistindo
A librería Egeria leva máis de 30 anos vendendo artigos sacros
Din que pode sorprender a cantidade de competencia que atopan das vendas en liña
Acabada de pasar esta Semana Santa, visitamos unha tenda de artigos relixiosos. Alí atopamos todo o necesario para celebrar unha eucaristía, dende o incenso ata o cáliz ou a casula. Non quedan moitas, pero son tendas que van resistindo.
Bienvenida leva como xerente desta librería Egeria máis de 20 anos. Conta os cambios que notou dende a súa chegada. Di que daquela había máis sacerdotes, que sempre foron os seus principais compradores. Aínda que hoxe haxa menos, explica que seguen vindo porque son clientes fieis.
Con todo, asegura que visitan a librería tamén peregrinos e relixiosos que veñen doutros países, ademais de xente que busca agasallos, mesmo xente nova. Di que é unha librería sen ánimo de lucro, pero que, aínda así, teñen que levala como un negocio. E continúan resistindo nestes tempos.