Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estudantes do campus de Lugo quéixanse do frío polo aforro en calefacción

Estudantes do campus de Lugo quéixanse do frío polo aforro en calefacción

Os 19 graos das aulas e biblioteca obriga a deixar posta a roupa de abrigo

Alumnos e profesores piden que se amplíe o horario de funcionamento da caldeira, que só está acendida tres horas polas mañás

G24.gal 10/11/2022 14:44

19 graos, esa é a temperatura ambiente nos edificios do campus de Lugo tras a posta en marcha do novo plan de aforro enerxético. Alumnos e profesores aseguran que pasan frío.  

"Entendémolo, pero as condicións para estudar deben ser óptimas", quéixase unha estudante.

A situación agudízase a fin de semana. Moitos afrontan as horas de estudo sen desfacerse da roupa de abrigo. 

"Na sala de abaixo da biblioteca vai moito frío e veño as fins de semana e deixo o chaquetón posto", conta unha estudante.

En cuestión está a temperatura e o horario. A calefacción acéndese polas mañás de sete a dez. 

"A xente chega ás nove e despois arrefría a aula porque aínda hai moitos profesores que ventilan polo tema covid", asegura unha alumna.

Tamén hai quen non notou cambios. "Para min estase ben, non para estar de manga curta, pero si cun suadoiro", di un usuario da biblioteca, e outro engade: "De momento para min non vai frío".

A xerencia di que a temperatura é a que establece o novo real decreto sobre eficiencia enerxética emitido polo Goberno. 

"O decreto lei establece estas medidas, eu creo que todos debemos ter paciencia, é importante ser conscientes de que non é so un problema de aforro económico senón de eficiencia enerxética", di o xerente da USC, Javier Ferreira.

Aseguran que as baixadas de temperatura son puntuais e recoñecen que é complexo manter sempre a mesma temperatura interior pola propia arquitectura dos edificios, pouco illados e con grandes ventás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade