Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas no sector da restauración de Santiago polo aumento das reservas fantasma

Queixas no sector da restauración de Santiago polo aumento das reservas fantasma

Para evitar este problema, algúns restaurantes xa decidiron cobrar un depósito á hora de facer a reserva

G24.gal 25/08/2024 21:21

No sector da hostalería din que é unha práctica cada vez máis frecuente: reservas que non se presentan e deixan a mesa baleira sen avisar.

"É máis habitual nos últimos tempos que antes. Antes a xente era máis correcta, facían unha reserva e cumprían", asegura Javier Sordo, xefe de cociña nun restaurante de Santiago.

O problema, segundo din, aféctalles sobre todo aos restaurantes máis pequenos e aos que fan un tipo de cociña máis elaborada. 

"En locais pequenos de Santiago si que teñen problema, porque teñen poucas mesas. Reservar todo para despois non encher é complicado para o negocio", di Javier Sordo, xefe de cociña nun restaurante.

Para evitar os prexuízos económicos, algúns establecementos piden un depósito por reserva e cobran gastos de cancelación. Así é como fan neste restaurante da zona vella de Santiago cando reciben reservas de grupos grandes.

"Nós só pedimos cartos cando son grupos grandes, de por exemplo 30 persoas, porque con reservas así xa se reduce moito a capacidade do local", explica o hostaleiro Alfonso Moldes.

Noutros establecementos din que prefiren traballar sen reservas, xa que a grande afluencia de turistas fai que as mesas que quedan baleiras se ocupen axiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade