Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas pola inseguridade xerada polos 'narcopisos' no barrio lugués da Milagrosa

Queixas pola inseguridade xerada polos 'narcopisos' no barrio lugués da Milagrosa

Os veciños da rúa Yáñez Rebolo aseguran que levan meses sufrindo ameazas

Félix Aragunde 17/11/2022 14:18

Os veciños da rúa Yáñez Rebolo, no barrio lugués da Milagrosa, aseguran que levan meses sufrindo intimidacións por parte dos ocupantes ilegais dunha casa. Sinalan que o inmoble funciona como un centro de venda de estupefacientes e din estar ameazados polos moradores.

A cen metros escasos, na rúa Tino Grandío, os residentes tamén denuncian a existencia dun 'narcopiso'.

Víctor Manuel Espinosa, veciño afectado: "Compramos un piso no 22, reformámolo, gastamos uns cartos nel e o segundo piso esta alugado por habitacións e unha das parellas está claro que venden droga. Vese o tránsito, como recolle diñeiro e como entrega heroína". 

Xesús Vázquez, presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo: "Todo isto o que xera entre a xente maior que reside na zona son problemas para saír á rúa, insultos, ameazas e inseguridade. Por tanto, pedimos unha xuntanza urxente da xunta de seguridade".

Ademais dunha maior vixilancia policial, os colectivos veciñais do barrio demandan un cambio na lei que lles permita aos donos das vivendas ocupadas recuperalas cunha maior rapidez. 

Xesús Vázquez, presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo: "Os donos que sofren este tipo de atentados contra a propiedade teñen que pasar un auténtico calvario de un ano e medio ou dous anos. Por iso pedimos que en 48 horas estea desaloxado un piso".

O pasado mes de setembro, a policía desartellou tres 'narcopisos' no barrio, pero a día de hoxe segue a haber polo menos cinco vivendas onde presuntamente se venden drogas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade