Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas polo mal estado do estacionamento público ás portas do Hospital de Lugo

Queixas polo mal estado do estacionamento público ás portas do Hospital de Lugo

A federación veciñal pide que se asfalte a zona, en que contabilizaron máis de 250 fochancas

G24.gal 01/04/2024 14:32

A brincos van os vehículos que entran neste estacionamento público municipal. É o coñecido popularmente como o leiraparking, un estacionamento ás portas do hospital.

Din os veciños que é un servizo moi necesario, pero que o seu estado é deplorable.

Ante a adversidade hai que botar man da retranca. E os que se atopan coa situación por primeira vez quedan abraiados.

Non hai por onde esquivar as fochancas, cómpre pasar moi amodiño para non estragar os vehículos.

A Federación de Asociacións Veciñais contabilizou máis de 250 fochancas e reclaman que se arranxe e se asfalte a zona.

Dende o Concello sinalan que o mantemento da zona se fai semestralmente e sinalan que están a estudar a posibilidade de asfaltar o aparcadoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade