Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas veciñais en Ferrol pola falta de iluminación pública en varias zonas

Queixas veciñais en Ferrol pola falta de iluminación pública en varias zonas

Levan catro meses agardando por unha solución tras varios roubos de cable de cobre

G24.gal 27/01/2022 11:35

Nas aforas de Ferrol e na contorna do hospital Arquitecto Marcide son varias as zonas onde moitos veciños viven en penumbra. En canto chega a noite todo se volve moi complicado. O roubo dos cables da iluminación pública repítese en Santa Icía, San Pedro ou Santa Cecilia.

Un dos lugares máis afectados é A Pallota, a carón do parque comercial. Os veciños quéixanse do abandono, xa que a situación vén de lonxe. Temen que o perigo derivado da combinación das estreitas beirarrúas, a circulación dos vehículos e a falta de visibilidade nos pasos de peóns poida traer tráxicas consecuencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade