Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas veciñais pola avaría dun ascensor en Lugo

Queixas veciñais pola avaría dun ascensor en Lugo

Salva unha diferenza de cota de 11 metros

Leva xa 20 días avaríado e os veciños teñen que dar un rodeo ou subir 64 chanzos

G24.gal 21/10/2024 14:37

Avariado e fóra de servizo. Este é o estado que presenta o ascensor que conecta o barrio lugués do Sagrado Corazón.

"Moi mal, aquí hai moita xente maior e precísase, isto é unha vergoña", di unha veciña.

"Salva unha diferencia de cota de once metros e conecta a avenida que vén do centro da cidade cun colexio e un centro de saúde", engaden.

As alternativas son malas, escaleiras con máis de 60 chanzos ou un rodeo cunha empinada costa.

Os veciños entenden a avaría, pero non a tardanza do seu arranxo.

"Pon que ata a primeira semana de novembro non o arranxan, que falta unha peza".

"Xa é costume que poñen as cousas pero despois non as arranxan".

Quéixanse da falta de mantemento das instalacións e urxen unha solución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade