Cargando resultados...
Querela contra os médicos que atenderon a nena morta por peritonite en Castelló
Querela contra os médicos que atenderon a nena morta por peritonite en Castelló
Acudiu a urxencias tres veces nunha semana
G24.gal
20/02/2023 18:26
Última actualización 20/02/2023 18:41
Os pais da nena de 12 anos de Jérica, Castelló, morta por peritonite, presentaron unha querela no xulgado por homicidio por imprudencia grave profesional'.
Consideran que a pequena faleceu por falta de atención médica xa que, despois de acudir tres veces a urxencias durante unha semana con síntomas, non se cumpriron os protocolos nin se lle practicaron probas diagnósticas no centro de saúde de Viver, a onde a levaron por dúas veces.
Cren que se o médico seguise os protocolos para cadros de abdome agudo e explorase a nena, o que non fixo a segunda vez, daquela trasladaría a menor ao Hospital de Sagunto para lle realizar as probas pertinentes que confirmasen ou descartasen unha apendicite aguda.