Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queremos Galego reivindica o uso da lingua nas rúas de nove vilas e cidades

Queremos Galego reivindica o uso da lingua nas rúas de nove vilas e cidades

O voceiro da plataforma insta as institucións a promover o uso do galego

G24.gal 17/05/2023 14:49

Santiago foi o epicentro das reivindicacións desta xornada. Co lema "En galego, aquí e agora", centos de persoas percorreron a mediodía as rúas dende o paseo da Alameda ata a praza de Praterías nesta xornada festiva.

A convocatoria da plataforma cidadá Queremos Galego reivindicou unha maior presenza da lingua na vida pública e social. O seu voceiro, Marcos Maceira, defendeu: "As institucións públicas teñen obriga de promover galego, e a primeira é usalo e permitir o seu uso por toda a cidadanía. E iso é o que reivindicamos outra vez máis neste 60 aniversario do Día das Letras Galegas".

Á mobilización de Santiago tamén se sumaron os líderes do BNG e do PSdeG, que defenderon o 17 de maio como data de celebración da identidade propia.

Entre os asistentes, a reivindicación do uso do galego en todos os ámbitos. "Poder sentir que é un idioma que nos representa. Non é normal que o castelán se use nalgúns ámbitos e noutros non, porque nos fai sentir que o galego é inferior e iso non é verdade", aseguraba unha asistente.

Mentres que outro manifestante concluía que "o galego é unha lingua de prestixio. Como dicía Castelao, atentar contra o idioma é como si alguén algún tirase o Pórtico da Gloria, é patrimonio noso".

Queremos Galego estendeu as mobilizacións a outras oito cidades e vilas neste 60 aniversario da celebración do Día das Letras Galegas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade