Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quitarse de fumar en só 25 días co novo tratamento que financia a sanidade pública

Quitarse de fumar en só 25 días co novo tratamento que financia a sanidade pública

Moitas farmacias galegas recibirán o medicamento durante esta semana

G24.gal 06/02/2023 20:34 Última actualización 06/02/2023 20:43

Desde o un de febreiro é posible seguir con receita médica o novo tratamento farmacolóxico que financia a sanidade pública para quitarse de fumar.

O Todacitan ten a citisina, de orixe vexetal, como principio activo. Custa case 200 euros pero con receita queda na cuarta parte. E o mellor é que o tratamento dura só 25 días, como nos explica 
Carlos Rábade, responsable da Unidade de Tabaquismo do CHUS.

"Iso é moi importante para o paciente, porque aumenta a adherencia. É un fármaco que consegue reducir a síndrome de abstinencia e reducir a necesidade de satisfacción e pracer do tabaco, co que favorece querer deixar de fumar. Os tratamentos farmacolóxicos triplican as posibilidades de deixar de fumar".

É fundamental estar motivado e ter unha dependencia da nicotínica alta cun consumo de dez cigarros ao día. Rábade advirte: "Só tes un intento ao ano".

O tratamento poden aconsellalo o médico de familia, a Unidade de Tabaquismo e tamén as farmacias con servizo de cesación tabáquica, como a de Paula Lijó, farmacéutica en Bugallido, Ames.

"Xa temos pacientes pendentes. Vemos que medicamentos toma, que patoloxías ten. Podemos facer os tests, o historial farmacolóxico, o historial do tabaquismo e con iso, derivariamos ao médico".

Todacitan ten unha aplicación de móbil para axudar coa motivación e coas pautas de cesación a medida que avanza o tratamento.

Un estudo feito en España asóciao a unha alta tolerancia, un alto nivel de satisfacción dos pacientes e ata un 80 % de efectividade no primeiro mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade