Publicador de contidos
Publicador de contidos

Racha de raíz un eucalipto enorme e dana a caseta das mariscadoras en Poio

Racha de raíz un eucalipto enorme e dana a caseta das mariscadoras en Poio

A árbore caeu sobre a beiravía e os dous carrís da estrada que estivo cortada ao tránsito durante seis horas entre Lourido e e Campelo 

 

Imaxe deste martes do oco que deixou o eucalipto caído na baixada á praia de Cabeceira, en Poio
G24.gal 19/09/2023 14:04

Un dos eucaliptos de onde empeza a baixada á praia de Cabeceira rachou pola base este luns e deixou ao descuberto que a súa grandeza e robustez era só en aparencia.

As súas raíces estaban debilitadas, probablemente por un fungo, e pasadas as tres da tarde derrubouse ocupando a beiravía e os dous carrís da estrada. Afortunadamente non colleu ninguén por baixo, como lembra José Manuel, garda rural que tiña ronda de control na zona:

"Aos dous minutos de pasar por aquí xa oín o ruído e vin como caía o eucalipto contra a fachada. E dicir, non colleu a ninguén... polos pelos, porque acababa de estar aí un coche cunhas mariscadoras. E sorte que onte non foi día de marisqueo aquí".

Nos arredores da caseta agora danada polo impacto do eucalipto adoitan reunirse ducias de mariscadores ao principio e fin da súa tarefa. Onte traballaban do outro lado. Tampouco andaba ningunha das moitas persoas que, como Roxelio, adoitan camiñar por esta beira do mar.

"Cando eu pasei xa estaba o persoal cortando as pólas e retirándoas da calzada. Algunha vez xa teñen caído gallas destes piñeiros e é raro, porque  tampouco fixo tanto vento como para tirar unha árbore así".

Agora témese que o eucalipto do lado, grande, pero menos que o caído, estea tamén enfermo por dentro e corra a mesma sorte. Moitos sinalan un piñeiro que engorda cunha inclinación grande sobre o paseo próximo á praia de Lourido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade