Publicador de contidos
Publicador de contidos

Radio Galega consolídase como emisora de referencia en Galicia cunha media de 145.000 oíntes cada día

Radio Galega consolídase como emisora de referencia en Galicia cunha media de 145.000 oíntes cada día

TVG é líder en Galicia e tamén entre as canles autonómicas, segundo a terceira vaga do Estudo Xeral de Medios

Gran reforzo tamén para Radio Galega Música neste último balance do EXM, que conta cunha media de 24.000 oíntes diarios

G24.gal 01/12/2022 08:08 Última actualización 01/12/2022 09:02

Segundo a terceira vaga do Estudo Xeral de Medios, Radio Galega sitúase como emisora líder na comunidade autónoma en programas como Galicia por diante, Galicia en goles ou Pensando en ti.

Gran reforzo tamén para Radio Galega Música neste último balance do EXM, que conta cunha media de 24.000 oíntes diarios. Estes datos confirman a confianza da sociedade galega na súa emisora pública para informarse e entreterse. Grazas unha vez máis a todos eles.

TVG é líder en Galicia e tamén entre as canles autonómicas no móbil

A franxa da mañá é lider, comenzando por un Bos días que nas primeiras franxas chega ao 52,9 % dos espectadores, máis da metade dos que están vendo televisión nese momento. Supón de feito a mellor cota da televisión ao longo do día.

Outros datos que nos dan o liderado son os de A revista, que acada o 34,2 de share, e os do informativo Galicia noticias, que roza o 40 cun 39,1 % de cota de pantalla.

Cifra líder tamén para a o Telexornal mediodía, que supera esa cota e chega ao 40,7 %.  A edición serán do Telexornal roza o 20 cunha cota de pantalla do 19 %. Así, a TVG convértese na televisión máis vista en Galicia e tamén entre as canles autonómicas, por diante da canle catalá TV3, a andaluza Canal Sur, a televisión vasca e todas as demais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade